jueves, 19 de noviembre de 2009

As TICs no colexio

Hola. Estou facendo as prácticas no colexio C.E.I.P. Álvaro Cunqueiro Mora de Mondoñedo (Lugo).
Na aula na que me incorporei están os alumnos de 5 cinco anos. Eles teñen na súa clase un ordenador, froito das novas tecnoloxías. Este ordenador úsase para moitas cousas según a miña titora e hoxe vin unha delas.
Esta tarde usámolo para os cantaxogos. Os cantaxogos son unha series de CDs e DVDs que conteñen cancións para que os nenos as canten mentres fan os mesmos movementos que ven na pantalla do ordenador (cando se pon o DVD).

Aquí vos deixo un vídeo feito esta tarde no que apreciamos o que acabo de dicir.

TODOS OS NENOS DE INFANTIL DO COLEXIO ÁLVARO CUNQUEIRO MORA DE MONDOÑEDO TEÑEN AUTORIZACIÓN DOS PAIS PARA QUE SE POIDAN SUBIR FOTOS E VÍDEOS DELES Á WEB.




Está claro que os nenos se divirten moito gracias ó ordenador.

Por se alguén está interesando a aula na que estou, que é a que podemos ver na foto, ten blog propio:

http://golfinhosdomasma.blogspot.com/

Visitádeo!!!!!!!!!!!!!!!

Saúdos, Belén.

2 comentarios:

  1. En primeiro lugar, darche a benvida á nosa aula. Estamos encantados de terte entre nós e de que nos axudes tanto. Contigo seguro que tamén aprendemos moitas cousas, algunhas relacionadas con este mundo das TICs que é tan emocionante.
    Seguiremos o teu blogue con moitísimo interese, estando seguros de que ti farás o mesmo co noso.
    Un biquiño e ánimo para seguir traballando nesta interesante profesión.
    Os Golfiños do Masma e a profe Cris.

    ResponderEliminar
  2. Moitas gracias Cris, eu tamén estou segura de que aprenderei moito convosco xa que xa o estou a facer. Pola miña parte espero tamén ensinarvos todo o que poida.
    Un biquiño para ti e para os Golfiños do Masma.

    ResponderEliminar