viernes, 18 de diciembre de 2009

A pizarra dixital



Hola! Hoxe faigo a miña última entrada neste blog durante o período de prácticas.

Nesta foto vemos o que fixemos pola tarde.

Fumos á aula de informática que posee o colexio, alí teñen unha pizarra dixital da que fixemos uso; primeiro os nenos viron nela un anaco dunha película que, polo que apreciei, carecía de interese para os nenos, así que pasados uns vinte minutos decidimos que o mellor era quitar a película e poñerlles os cantaxogos para que se divertiran un pouco. A sesión foi todo un éxito os nenos e nenas disfrutaron moito cantando e xesticulando o que estaban a ver na pizarra dixital.

Queda claro que as novas tecnoloxías serven de moito para estas novas xeracións e tamén para as non tan novas, xa que todo o mundo pode facer uso delas.


Na nosa clase tamén temos unha nova tecnoloxía que fai moitos anos que está inventada e completamente integrada na nosa sociedade, o radiocassette. Este aparato úsase, sobre todo, para poñer música de relaxación nos momentos en que os nenos e nenas entran dos recreos, e tamén o usa a profe de inglés e música para poñerlles cancións ou o apropiado para a súa sesión.


Desde aquí encantaríame dar as grazas a todos os profesores do colexio e, sobre todo, á miña tutora polo trato tan bon que recibín, polo montón de cousas que aprendín, e polos recordos tan bos que levo do meu período de prácticas. Tamén moitas grazas ós Golfiños do Masma por ser como son e por acollerme tan ben na súa aula. Moitas grazas.

5 comentarios:

  1. Hola Belén, que rápido pasaron as prácticas!
    cos cantaxogos pásano bomba, xa que nós, na Escola Infantil tamen os poñemos e encántanlles, e temos en cada aula unha radio para poñer música. unha golfiña do masma de Lindin, vaite votar en falta segurísimo xq falaba maravillas de ti. moitisima sorte e grazas por todo. biquiños de Nayara.

    ResponderEliminar
  2. Ola Belén. Son a nai de David Rivas. Vexo que disfrutache moito neste período de prácticas, e polo que me contache aprendiche moitas cousas coa profe. Espero que o pasaras moi ben e que leves un bonito recordo destes pequenos anxos. Un saúdo e que teñas moita sorte. Un bico.

    ResponderEliminar
  3. Pois si, grazas a estes pequenos golfiños do masma e á profe aprendín moitas cousas, creo que non haberá no mundo mellor traballo que o de mestra de infantil. Un bico.

    ResponderEliminar
  4. Grazas a ti!!! Durante este tempo grazas á túa axuda poidemos levar o traballo de aula moito mellor e fixemos moitísimas máis cousas. Non teño verbas para agradecer todo o teu traballo, o teu esforzo e a túa dedicación na nosa aula. Segue así e algún día chegarás a ser unha MOI BOA MESTRA.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  5. Ola profe Belén!!!

    Somos os teus Golfiñ@s. Como vemos que tés un pouco abandonado o blogue, queremos darche un premio para que así collas forzas e continúes con el. Para recoller o premio só tés que pasarte polo noso blogue.

    Mil biquiños dos teus nen@s.

    ResponderEliminar