viernes, 18 de diciembre de 2009

A pizarra dixital



Hola! Hoxe faigo a miña última entrada neste blog durante o período de prácticas.

Nesta foto vemos o que fixemos pola tarde.

Fumos á aula de informática que posee o colexio, alí teñen unha pizarra dixital da que fixemos uso; primeiro os nenos viron nela un anaco dunha película que, polo que apreciei, carecía de interese para os nenos, así que pasados uns vinte minutos decidimos que o mellor era quitar a película e poñerlles os cantaxogos para que se divertiran un pouco. A sesión foi todo un éxito os nenos e nenas disfrutaron moito cantando e xesticulando o que estaban a ver na pizarra dixital.

Queda claro que as novas tecnoloxías serven de moito para estas novas xeracións e tamén para as non tan novas, xa que todo o mundo pode facer uso delas.


Na nosa clase tamén temos unha nova tecnoloxía que fai moitos anos que está inventada e completamente integrada na nosa sociedade, o radiocassette. Este aparato úsase, sobre todo, para poñer música de relaxación nos momentos en que os nenos e nenas entran dos recreos, e tamén o usa a profe de inglés e música para poñerlles cancións ou o apropiado para a súa sesión.


Desde aquí encantaríame dar as grazas a todos os profesores do colexio e, sobre todo, á miña tutora polo trato tan bon que recibín, polo montón de cousas que aprendín, e polos recordos tan bos que levo do meu período de prácticas. Tamén moitas grazas ós Golfiños do Masma por ser como son e por acollerme tan ben na súa aula. Moitas grazas.