martes, 24 de noviembre de 2009

Actividades a través das novas tecnoloxías

Onte volvimos usar o ordenador para realizar unha actividade na clase. No ordenador, a profesora da aula puxo un dvd que contiña un conto sobre os renos e os camelos.

Os nenos disfrutan moito con estas actividades e gracias ás novas tecnoloxías.

Logo de ver o vídeo o nenos realizaron unha actividade do libro na que aparecían dous debuxos, un con dous renos e outro con dous camelos, eles tiñan que pintar o reno e o camelo que aparecía diante, xa que nos debuxos os animais aparecían superpostos. A parte de que os nenos repasaron algo sobre a posición espacial sirviu para aprender a rexión na que viven estes animais xa que gracias ó fondo dos debuxos e ó vídeo vimos que os renos viven onde neva e fai frío e os camelos onde abundan os desertos.

Neste colexio no que estou, vexo claro que a nova tecnoloxía máis usada para realizar actividades, xa sexan de aprendizaxe ou de divertimento, é o ordenador.



Hoxe, tamén gracias a unha actividade na que aparecía un ordenador debuxado, a profesora aproveitou para que os nenos aprendesen as partes do ordenador como a pantalla, o teclado, o rato e a cpu.

jueves, 19 de noviembre de 2009

As TICs no colexio

Hola. Estou facendo as prácticas no colexio C.E.I.P. Álvaro Cunqueiro Mora de Mondoñedo (Lugo).
Na aula na que me incorporei están os alumnos de 5 cinco anos. Eles teñen na súa clase un ordenador, froito das novas tecnoloxías. Este ordenador úsase para moitas cousas según a miña titora e hoxe vin unha delas.
Esta tarde usámolo para os cantaxogos. Os cantaxogos son unha series de CDs e DVDs que conteñen cancións para que os nenos as canten mentres fan os mesmos movementos que ven na pantalla do ordenador (cando se pon o DVD).

Aquí vos deixo un vídeo feito esta tarde no que apreciamos o que acabo de dicir.

TODOS OS NENOS DE INFANTIL DO COLEXIO ÁLVARO CUNQUEIRO MORA DE MONDOÑEDO TEÑEN AUTORIZACIÓN DOS PAIS PARA QUE SE POIDAN SUBIR FOTOS E VÍDEOS DELES Á WEB.




Está claro que os nenos se divirten moito gracias ó ordenador.

Por se alguén está interesando a aula na que estou, que é a que podemos ver na foto, ten blog propio:

http://golfinhosdomasma.blogspot.com/

Visitádeo!!!!!!!!!!!!!!!

Saúdos, Belén.

lunes, 9 de noviembre de 2009

Didáctica da Educación Infantil

Este vídeo fala sobre os apegos e as relacións afectivas na etapa infantil. É un video sacado de youtube.






Esta é unha presentación sobre didáctica infantil extraída de slideshare:





Aquí deixo unha canción que me trae moi bos recordos da miña infancia: EL PATIO DE MI CASA.






Nesta presentación vemos como nenos de infantil descubren o espazo que os rodea. Dita presentación está sacada da web www.slide.com

lunes, 2 de noviembre de 2009

Imaxes e hipervínculos












Oxe comezo no blog

Ola! Hoxe faigo a miña primeira entrada no blog. Este blog é persoal, é dicir, meu. Vou utilizalo para comentar as TICs na Educación Infantil. Espero que quede un blog entretenido e do agrado dos que o vexan e tamén intentarei que sexa o máis completo posible.