martes, 24 de noviembre de 2009

Actividades a través das novas tecnoloxías

Onte volvimos usar o ordenador para realizar unha actividade na clase. No ordenador, a profesora da aula puxo un dvd que contiña un conto sobre os renos e os camelos.

Os nenos disfrutan moito con estas actividades e gracias ás novas tecnoloxías.

Logo de ver o vídeo o nenos realizaron unha actividade do libro na que aparecían dous debuxos, un con dous renos e outro con dous camelos, eles tiñan que pintar o reno e o camelo que aparecía diante, xa que nos debuxos os animais aparecían superpostos. A parte de que os nenos repasaron algo sobre a posición espacial sirviu para aprender a rexión na que viven estes animais xa que gracias ó fondo dos debuxos e ó vídeo vimos que os renos viven onde neva e fai frío e os camelos onde abundan os desertos.

Neste colexio no que estou, vexo claro que a nova tecnoloxía máis usada para realizar actividades, xa sexan de aprendizaxe ou de divertimento, é o ordenador.



Hoxe, tamén gracias a unha actividade na que aparecía un ordenador debuxado, a profesora aproveitou para que os nenos aprendesen as partes do ordenador como a pantalla, o teclado, o rato e a cpu.

No hay comentarios:

Publicar un comentario