Na aula na que me incorporei están os alumnos de 5 cinco anos. Eles teñen na súa clase un ordenador, froito das novas tecnoloxías. Este ordenador úsase para moitas cousas según a miña titora e hoxe vin unha delas.
Esta tarde usámolo para os cantaxogos. Os cantaxogos son unha series de CDs e DVDs que conteñen cancións para que os nenos as canten mentres fan os mesmos movementos que ven na pantalla do ordenador (cando se pon o DVD).
Aquí vos deixo un vídeo feito esta tarde no que apreciamos o que acabo de dicir.
TODOS OS NENOS DE INFANTIL DO COLEXIO ÁLVARO CUNQUEIRO MORA DE MONDOÑEDO TEÑEN AUTORIZACIÓN DOS PAIS PARA QUE SE POIDAN SUBIR FOTOS E VÍDEOS DELES Á WEB.
Está claro que os nenos se divirten moito gracias ó ordenador.
Por se alguén está interesando a aula na que estou, que é a que podemos ver na foto, ten blog propio:
http://golfinhosdomasma.blogspot.com/
Visitádeo!!!!!!!!!!!!!!!
Saúdos, Belén.